Proba de acceso

 

Para poder presentarse a proba de acceso, terán que matricularse para a mesma, cubrindo o impreso de matrícula e aboando, na entidade bancaria e no número de conta que aparece na parte inferior do impreso, as correspondentes taxas. Poden descargar dende aquí o impreso de matrícula e as intruccións para cubrilo.

Para acceder ao 1º  curso das ensinanzas profesionais de música cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais, de acordo cos obxectivos establecidos nas programacións.

No caso de alumnos/as que desexen acceder a 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de grao profesional, ademais de superar a proba de linguaxe musical e a de instrumento, deberá superar as probas das demais materias do curso anterior.

Os contidos de cada unha das probas serán os correspondentes aos contidos dos cursos anteriores aos que desexe acceder o alumnado.

As probas consistirán en:

Proba práctica;

-Interpretación, no instrumento da especialidade a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das que, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificaranse de cero a dez puntos sendo necesario para superalo acadar unha puntuación mínima de cinco puntos.

Obras orientativas e criterios de avaliación e cualificación

ClarineteFrautaGuitarraOboe, PercusiónPiano, SaxofónTrombónTrompaTrompetaTubaViolínVioloncello.

Proba teorico/práctica

-Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, sendo necesario para superalo acadar unha puntuación mínima de cinco puntos.

 Información específica da proba teorico/práctica 

Proba de Acceso a 2º e posteriores de Grao Profesional: esta proba realizarase no mes de setembro, sempre que haxa prazas na especialidade escollida. Consistirá na realización dun 1º exercicio teórico-práctico na que se valorarán os coñecementos das materias dos cursos anteriores ao que se opte e un 2º no que se interpretará, co instrumento da especialidade correspondente, de algunhas das obras do curso anterior o que se pretende acceder e que están recollidas nas programacións de cada especialidade.


Orde do 28 de xullo de 2008 polo que se regulan as probas de acceso ao grao profesional de música. Descargar pdf