Matrícula

Para matricularse no Cmus Profesional da Estrada ou na Esmu Municipal deberán de seguir os seguintes pasos de acordo co grao e curso no que se queira matricular:

  • Ler as instrucións para cumprimentar o impreso de matrícula ou da proba de acceso:

Descargar pdf.

  • Descargar e cumprimentar o impreso de matrícula ou da proba de acceso:

Descargar pdf. (Pode cumprimentalo dende a aplicación)

  • Imprimir 4 copias.
  • Abonar o importe correspondente na sucursal de ABANCA no número de conta que se indica na parte inferior do impreso.
  • Entregar 2 copias na oficina do Conservatorio, debidamente seladas pola entidade bancaria.

 

INICICACIÓN, só Escola de Música

  • O período de INICIACIÓN, corresponde a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 7 anos.
  • No 1º, 2º e 3º curso de INICIACIÓN asistirán ás asignaturas de Música e Movemento e Práctica Instrumental, que será de unha hora á semana para cada unha delas.
  • Non se formalizará a matrícula a nenos/as de 4 e 5 anos (1º e 2º de INICIACIÓN), cando o número de solicitudes non alcance un mínimo para facer grupo.
  • Os nenos/as que se matriculen en 3º ou 4º de INICIACIÓN, ó longo do curso farán unhas probas cos distintos instrumentos, co fin de valorar cal deles se adapta mellor a súas características e cursar esa materia para o curso seguinte.

 

GRAO ELEMENTAL, para o Conservatorio e Escola

  • Para poder matricularse en 1º de GRAO ELEMENTAL, o alumno/a terá que ter cumpridos ou cumprir os 8 anos nese ano natural.
  • Deberá de realizar unha proba de aptitude, gratuíta, que será valorada polos profesores con fin de axudar a decidir que especialidade se axusta máis as súas características.
  • Para acceder aos demais cursos (2º, 3º ou 4º) do Grao Elemental deberá de facer a proba de acceso que será elaborada polos profesores de acordo co nivel do correspondente curso.
  • As materias que cursarán serán as de Linguaxe Musical, (dúas sesións á semana), Educación Auditiva e Vocal (unha sesión á semana) e o instrumento asignado (unha sesión á semana).

DESCARGA AQUÍ A INSCRICIÓN PARA A PROBA DE APTITUDE

(Pode cumprimentalo dende a aplicación)

 

GRAO PROFESIONAL, só Conservatorio

  • Para poder matricularse no GRAO PROFESIONAL, o alumno/a deberá matricularse e superar unha proba de acceso, con un importe de 74,26€* que será avaliada polos profesores e ditaminarán que o aspirante reúne as condicións esixidas para o seu ingreso.
  • Para acadar o título de GRAO PROFESIONAL deberá de superar os seis cursos que completan esta titulación.

 

PARA SABER OS IMPORTES DE MATRÍCULA DOS CORRESPONDENTES GRAOS DESCARGUEN O PDF DE INTRUCCIÓNS Ó INICIO DESTA PÁXINA