Orquestra de Cámara

A Orquestra de Cámara do Conservatorio Profesional de Música está formada por alumnos/as do Grao Profesional. Na actualidade compóñena 34 alumnos e alumnas que poñen todo o seu empeño e ilusión na interpretación do repertorio escollido, baixo a dirección de Javier Comesaña.

A Orquestra está orientada, fundamentalmente, cara a formación dos seus membros, non tendo ánimo de lucro e sen miras a unha orquestra comercial.

As actuacións realízanse nas audicións que da o Conservatorio cada trimestre, a través de invitacións ou intercambios con outros centros, como xa se fixo con anterioridade no Cmus " Manuel Quiroga de Pontevedra", coa Escola de Música de Vigo, co CMUS Profesional de Tui, etc...

O repertorio está orientado á música clásica, bandas sonoras e repertorio do século XX.