Banda Municipal da Estrada

A Banda Municipal da Estrada é, con máis de 140 anos de historia, unha das máis antigas de Galicia. Ten a honra de ser a primeira Banda de Música galega en actuar ó outro lado do Atlántico, viaxando a Venezuela e a Arxentina en varias ocasións.

En todos estes anos foron moitos os directores que puxeron os seus coñecementos a favor da Banda. Pasaron xeracións e xeracións de músicos, nalgúns casos deixando en herdanza a paixón pola música de pais a fillos e de fillos a netos.

fotobanda

Dende o ano 1992 é Javier Comesaña o que está ao fronte da agrupación, realizando unha renovación progresiva da mesma, nutríndose principalmente dos alumnos/as do Conservatorio e da Escola de Música.

Nos últimos anos confírmase como unha das Bandas con máis demanda de Galicia, actuando periodicamente no norte de Portugal e realizando aparicións en programas da TVG e da TVE así como na Radio Galega.

Discografía:

  • Estrada-Caracas (1981)
  • De Galicia a Buenos Aires (1983)
  • 125 Aniversario (1994)
  • Troulada en Bos Aires (1999)
  • Coros de Ópera y Zarzuela (2004)
  • Coros de Zarzuela (2008)

Descarga aquí a reportaxe que a "revista" do Diario de Pontevedra adicou á Banda Municipal.